A IX Estremonía Cantada de Sarria foi todo un éxito

SarriaXa
Ademais dos cantos de Taberna, houbo unha cea na Unión, onde se xuntou unha grande cantidade de veciños e veciñas, así como tamén actuou Cé Orquestra Pantasma
Estremonía-Cantada-Cantos-de-Taberna-Peleriños-Sarria
31 Mar 2025

A IV edición da Estremonía Cantada que tivo lugar este sábado en Sarria foi todo un éxito de participación, cun total de 16 grupos de música tradicional da provincia de Lugo que sumaron arredor de 200 persoas tocando, ás que se sumaron ás que se achegaron a desfrutar como público.

O evento, organizado polo Concello de Sarria e a Asociación Cultural Peleriños, consistiu nuns cantos de taberna que percorreron 16 establecementos da vila, poñendo a música como eixo central da actividade.

"Estamos moi contentos co desenvolvemento desta edición, xa que o tempo axudou e xuntouse moita xente, o que nos pareceu espectacular", explican desde Peleriños.

Así, entre as 18.30 e as 22.30 horas, houbo dúas rutas, a Branco, que contou con Gaiteiros de Goián, Turbotelos, Dakidoasma, Os Bolechas do Sil, Mestura de Nete, Son do Mao, As Cantareiras de Fornelos e Raíñas o lado de; e a Ruta Tinto, na que actuaron Cantareiros do Naval, Os Minitreles, Silbarda, Xampó, Macizas, Centrais, Os Tabernos, Cantareiros da Unión e Os Parrandas.

Ademais dos cantos de Taberna, houbo unha cea na Unión, onde cada grupo tocou unha peza para o desfrute dos demais. Así, en total houbo 280 persoas desfrutando dunha cea conxunta, na que tamén actuou Cé Orquestra Pantasma, que interpretou unha peza para dar paso a unha foliada aberta.

⚙ Configurar cookies
0.068754911422729