A Lareira proclamouse campioa no torneo de futsal das festas de Oural 2025

O pavillón de Oural, no Concello de Sarria, acolleu os días 18, 19 e 20 de xullo o torneo de fútbol sala organizado con motivo das festas da localidade. A competición contou cun importante seguimento e repartiu premios económicos segundo a clasificación final.
O equipo A Lareira foi o campión do torneo, recibindo un premio de 800 euros e trofeo. A segunda posición foi para Taberna D’Orixen, que se fixo cun galardón de 400 euros. O terceiro posto, dotado con 120 euros e trofeo, recaeu no Restaurante Río Loio, mentres que o cuarto clasificado foi Samos F.S., que tamén obtivo 120 euros e trofeo.
Ademais dos premios por equipos, o torneo distinguiu os mellores xogadores a nivel individual. Gonzalo, integrante de A Lareira, foi elixido como mellor xogador da competición. O galardón ao mellor porteiro foi para Eros, do Restaurante Río Loio, recoñecendo así o seu gran papel baixo os paus ao longo do campionato.