A lenda das meigas será representada o último mércores de agosto en Sarria
SarriaXa
Os vindeiros 9, 16 e 23 de agosto, todos eses días mércores, terá lugar a iniciativa ‘Mércores Escénicos’ promovida pola Concellaría de Acción Cultural do Concello de Sarria para o mes de agosto.
8 Aug 2023
Os vindeiros 9, 16 e 23 de agosto, todos eses días mércores, terá lugar a iniciativa ‘Mércores Escénicos’ promovida pola Concellaría de Acción Cultural do Concello de Sarria para o mes de agosto.
A primeiro destes mércores será o 9, no que a compañía APP Creacións representará cos seus títeres "A galiña dos ovos de ouro" no Paseo do Malecón.
Xa o 16 de agosto Pepe e Lucas representarán "Unha obra por escribir", coa que finalizará o ciclo Ultreia Et Suseia ás 21.00 horas e na Casa da Cultura.
E, por último, o mércores 23 de agosto a compañía Especialistas Hípica Celta mesturará técnicas de manipulación do lume, a maxia e o misterio no espectáculo "A lenda das meigas" ás 22.30 horas no Paseo do Malecón.