A Louband formará parte das actividades do mercado solidario Malicounda Teranga

A solidariedade volverá ser protagonista en Sarria o vindeiro 7 de xuño coa celebración do mercado solidario Malicounda Teranga, organizado pola ONG Hospitaleros sin Fronteras.
Esta cita, xa consolidada no calendario social da vila, terá lugar na Praza da Vila e incluirá postos con todo tipo de obxectos á venda co obxectivo de recadar fondos para apoiar aos nenos talibé, unha das poboacións máis vulnerables de Senegal.
Como parte do programa de actividades previsto para esta xornada solidaria, a música tamén terá un papel destacado. Ás 13.00 horas, a Praza da Vila converterase nun escenario ao aire libre coa actuación de Louband, que ofrecerá un concerto aberto ao público para animar a mañá e contribuír a crear un ambiente festivo e participativo.
A organización anima a toda a veciñanza e visitantes a achegarse, colaborar coa causa e gozar dunha proposta musical que mestura ritmos e compromiso social.