A maga Magia Melanie súmase ao XX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

O XX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria continúa a sumar nomes de prestixio ao seu cartel deste 2025.
O mago Roberto Lolo anunciou a incorporación dunha das grandes magas do panorama nacional, que visitará por primeira vez a vila entre o 18 e o 24 de agosto.
Trátase da artista Magia Melanie, que acadou o Primeiro Premio no prestixioso concurso organizado por Antonio Díaz, coñecido como El Mago Pop, e que tamén deixou pegada do seu talento en programas como Pura Magia e Insuperables da TVE, onde sorprendeu ao público facendo aparecer á presentadora Carolina Cerezuela no arranque do espazo.
Esta nova incorporación súmase aos artistas xa confirmados: os ilusionistas Mago Roger e Rachel Atienza, o mago Pedro Aragonés e o hipnotista Toni Pons, completando así unha programación chea de maxia, emocións e espectáculos únicos.