A Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés acorda usar o orzamento en promoción
Celebrouse o primeiro pleno da Mancomunidade Concellos do Camiño Francés en Triacastela con Olga Iglesias como a presidenta.
Durante este pleno, acordouse por unanimidade dos asistentes empregar o orzamento dispoñible polo convenio asinado coa Xunta para a promoción do Camiño Francés.
A presidenta defende que “aínda están por concretar as propostas”, pero van comezar facendo material divulgativo para ir a feiras especializadas, como o FITUR.
Así, Olga Iglesias avanzou que ese material se unirá ao documental feito en 2022 e que se presentará o vindeiro martes 21 de marzo no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.
Estiveron presentes os representantes dos Concellos de Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei e Melide.