A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés solicitará fondos Next Generation
A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés formada por once concellos: Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela celebrou en Sarria un pleno extraordinario. O primeiro encontro deste ano no que acordaron optar polos fondos Next Generation.
Esta entidade abarca territorios de dúas das catro provincias de Galicia, Lugo e A Coruña, e de seis comarcas: Os Ancares (Pedrafita), Sarria (Paradela, Triacastela, Samos e Sarria), Lugo (Portomarín), A Ulloa (Monterroso e Palas de Rei), Melide (Melide) e Arzúa (O Pino e Arzúa).
Un territorio marcado por unha ruta de historias, un territorio de camiños milenarios polos que percorrer o corazón de Galicia
Esta foi a primeira reunión das que manterán co fin de definir un proxecto que presentar para obter os fondos. A iniciativa terá como obxectivo principal promover o Camiño Francés, podendo concorrer a plans nacionais como autonómicos de sostibilidade turística, como tamén poderán optar a unha liña de subvencións para a dixitalización da rede de destinos turísticos intelixentes.
O primeiro pleno celebrado estivo encabezado polo alcalde de Sarria e presidente da entidade xacobea, Claudio Garrido. Estivo acompañado pola alcaldesa de Triacastela e vicepresidenta, Olga Iglesias e da secretaria do Concello de Samos e da Mancomunidade, Luisa Fernández. Acudiron a esta reunión os alcaldes de Paradela, Portomarín, Pedrafita, Palas de Rei, O Pino. Así como tenentes de alcalde de Samos, Monterroso e Melide.
Neste pleno firmaron a acta do anterior e abordaron o próximo convenio que firmará a Mancomunidade coa Axencia de Turismo de Galicia.