A maxia chega a Cedrón da man do mago Roberto Lolo

SarriaXa
A iniciativa está organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón, que subliña a importancia de achegar propostas culturais ao rural
Asociación-de-Veciños-de-Cedrón-en-Láncara-(3)
16 Apr 2025

Este venres 18 de abril, a parroquia lancesa de Cedrón vivirá unha tarde chea de ilusión e maxia grazas á actuación do prestixioso mago sarrián Roberto Lolo.

O espectáculo terá lugar ás 17:00 horas no local da Cantina de Saá, e estará dirixido a todos os públicos, tanto pequenos como maiores, prometendo sorprender e divertir con trucos e momentos únicos.

A iniciativa está organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón, que subliña a importancia de achegar propostas culturais ao rural como forma de revitalizar o tecido social e devolver á veciñanza a ilusión a través da cultura e o entretemento.

"Queremos que a maxia tamén chegue ás nosas parroquias, que a cultura non sexa cousa só das cidades", apuntan desde a entidade organizadora.

⚙ Configurar cookies
0.3054678440094