Algúns dos militantes socialistas de Sarria non están de acordo coa elección do candidato do PSOE para as eleccións

SarriaXa
A militancia do PSOE de Sarria denuncia que Benjamín Escontrela está "posto a dedo" polo secretario xeral provincial
PSOE SARRIA
27 Abr 2023

Algunhas persoas que continúan a ser militantes do PSOE de Sarria denuncian que a elección de Benjamín Escontrela como candidato ás eleccións "non é axeitada" e denuncian que se deixaron “de lado” os estatutos do partido, “que son moi claros e indican que os piares sobre os que se asenta o partido son a democracia como forma de participación e corresponsabilidade dos afiliados, a liberdade de expresión e a transparencia”, explican.

Así, din que a asemblea da agrupación, composta por todos e todas as súas militantes, é o órgano máximo de decisión. Porén, denuncian que o secretario local fixo “todo o posible para enganar aos militantes”.

Concretamente, o secretario local evitou realizar unhas primarias onde a militancia tivese a oportunidade de decidir se o Sr. Escontrela tivese que acreditar unha traxectoria coñecida de proximidade aos valores socialistas e ao PSOE, “algo difícil de salvar”.

O secretario local, ao alongar os prazos, evitou a aplicación do calendario descrito no punto 1.3. da base de convocatoria de primarias que permitiría a presentación de precandidaturas o 22 de novembro; polo que ambos secretarios provocaron, segundo a militancia do PSOE de Sarria, “que o partido en Sarria estea nunha situación excepcional e a mercé do órgano provincial porque sabían que se o Sr. Benjamín Escontrela se enfrontaba a unhas primarias ía perder”.

0.17626690864563