A Milla Urbana de Sarria celebrarase o último día do ano e nela poderán participar ata 400 persoas

SarriaXa
Sarria acollerá o último día do ano, o 31 de decembro de 2023, a Milla Urbana de Sarria, a partir das 18.
17 Dec 2023

Sarria acollerá o último día do ano, o 31 de decembro de 2023, a Milla Urbana de Sarria, a partir das 18.00 horas da tarde, na que as persoas participantes percorrerán as ruas de Sarria.

As persoas interesadas en asistir poderán apuntarse a través da web de Sarria Corre ata o vindeiro 28 de decembro. Así, ata 400 persoas poderán participar desta iniciativa, na que se correrá desde a estrada de Samos ata a estación de Renfe.

A entrega de premios aos participantes será na zona de meta, onde haberá premio para os gañadores absolutos, masculino e feminino, aos que se lles entregará o seu peso en produtos cárnicos porcinos sarriaos. Mentres, todos os participantes recibirán unha medalla de chocolate.

0.23021602630615