A mina de Vila de Mouros do Incio contará con enerxía dunha nova planta solar fotovoltaica

SarriaXa
Unha segunda planta solar fotovoltaica será instalada na fábrica de Magnesitas de Rubián, no Incio, que dará servizo á mina de Vila de Mouros co fin de seguir avanzando nun proxecto sostible.
Magnesitas O Incio
5 Sep 2023

Unha segunda planta solar fotovoltaica será instalada na fábrica de Magnesitas de Rubián, no Incio, que dará servizo á mina de Vila de Mouros co fin de seguir avanzando nun proxecto sostible.

O goberno local do Incio aprobou a licenza urbanística para levar a cabo este proxecto, que supón unha inversión de 927.707 euros que irán destinados á instalación dunha planta fotovoltaica de 900 quilovatios.

Así, esta nova incorporación sumarase a unha estructura similar instalada por Magnesitas este ano, que aporta o 25 % da enerxía que consume, dando así enerxía á propia fábrica.

O investimento que supón esta nova planta fotovoltaica será financiado con fondos da Xunta de Galicia xunto con fondos europeos para seguir promovendo o bo funcionamento dunha empresa que xera máis de 50 postos de traballo e que fai un traballo no que se estraen 70.000 toneladas de magnesita ao ano, destinadas, maioritariamente, á industria agralimentaria, nos fertilizantes e na industria do papel ou o azucre.

0.16526103019714