A música de Abraham Cupeiro forma parte da Banda Sonora de Gladiator II
O sarriao Abraham Cupeiro vén de ser recoñecido internacionalmente polo compositor de cine Harry Gregson-Williams, que elixiu ao músico de Sarria como parte da Banda Sonora da película Gladiator II.
Ao compositor estadounidense, elixido polo director de cine Ridley Scott, foille encomendada a tarefa de compoñer a música para esta película, que se estrea en España o 15 de novembro despois de 24 anos desde a estrea da primeira, e sostén que na súa busca de músicas que invocaran o tempo pasado, atopou a Abraham Cupeiro.
Así, Harry Gregson-Williams desprazouse ata o norte de España para gravar con Abraham Cupeiro e "descubrindo eses estraños e marabillosos instrumentos que ten", sostén o compositor.
Con todo, di que "recollín todos os sons que reproduciu para levalos a Los Ángeles e fundilos na miña partitura, puidendo escoitalo na Banda Sonora de Gladiator", conclúe Harry.