A Noite Meiga de Sarria ofrecerá tres días de música, tradición e actividades para todos os públicos

SarriaXa
A cita, organizada por Meigas e Trasgos, celebrarase do 29 ao 31 de agosto con concertos, andaina popular e a emblemática Danza da Noite Meiga
presentacion-Noite-Meiga-2025
14 Aug 2025

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos de Sarria ultima os preparativos para a celebración dunha nova edición da Noite Meiga, que terá lugar do 29 ao 31 de agosto cun programa que combina música, tradición e actividades para todas as idades.

O venres 29 a programación arrancará coa Andaina Popular con fachos, que partirá do cruzamento de Os Catro Camiños ata o Parque do Chanto. A continuación, ás 21.15 horas, terá lugar unha noite de concertos coas actuacións de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Mondra e Russ.

O sábado 30 ás 19.00 horas ofrecerase un concerto da Banda de Música da Comarca de Sarria e Os Clarisaxos no Lar Social Meigas e Trasgos. Ás 20.00 horas será o pregón, a cargo de Eugenio Sanmartín, “Genucho”, en representación do emblemático grupo sarriao Os Flavia, e que contará coa actuación do grupo anfitrión. Ás 22.00 horas terá lugar a cea popular e, xa de madrugada, ás 01.00 horas celebrarase a Danza da Noite Meiga. Media hora despois comezarán os concertos de D'Crooners Band e Banana Joe.

O domingo 31 pecharase a programación coa Tardiña Meiga no lar da asociación, a partir das 17.30 horas, cun concerto didáctico titulado Toupelear, a cargo de Branca Villares e Pablo Pintor.

⚙ Configurar cookies
0.16065192222595