A Noite Meiga de Sarria xa ten pregoeira
SarriaXa
Vicky Pérez Penala, que xa exerceu como presentadora de varios eventos da asociación cultural Meigas e Trasnos, será a encargada de abrir a cita
26 Jul 2024
A Noite Meiga de Sarria, que será o vindeiro 31 de agosto, xa ten pregoeira. Vicky Pérez Penala, que xa exerceu como presentadora de varios eventos da asociación cultural Meigas e Trasnos e estivo presente en varias ocasións no pregón da festividade, será a encargada de abrir a cita.
A celebración servirá un ano máis para poñer en valor o colectivo, que forma parte da esencia da vila, e levar ao máis alto este municipio lucense. A Noite Meiga celébrase na noite do último sábado de agosto, na sede do Centro Cultural Meigas e Trasgos, Parque do Chanto. Esta celebración naceu no ano 1971 e está baseada nunha lenda que recolle a triste historia de amor entre un mozo e unha meiga .