A Noite Meiga incluirá once actividades durante o 25, 26 e 27 de agosto
Os membros da Asociación Cultural Meigas e Trasgos presentaron o cartel oficial da Noite Meiga, un evento que terá lugar do 25 o 27 de agosto no Concello de Sarria, que tamén estivo na presentación, así como representantes da Deputación de Lugo.
A Noite Meiga incluirá este ano un total de 11 actividades, entre as que se atopa o pregón do director da Banda de Música de Sarria, José Antonio González, así como o concerto de Luar na Lubre.
Así, o venres 25 de agosto comezará a xornada ás 21.00 horas cunha andaina con fachos desde o Campo do Río ata o Parque do Chanto, seguida do concerto de Luar na Lubre.
Xa o sábado, 26 de agosto, terá lugar ás 18.30 horas un pasacalles desde Os Catro Camiños e Boulevard ata o Lar Social e ás 19.30 horas recibiranse ás autoridades para dar o pregón ás 20.00 horas. Despois, ás 21.00 horas terá lugar a tradicional actuación de Meigas e Trasgos xunto coa Asociación Cultural Castro Floxo de Ourense e ás 22.00 horas terá lugar a Cea da Noite Meiga co remate con queimada. Xa ás 1.00 horas celebrarase a Danza da Noite Meiga e, por último, ás 1.30 horas terá lugar o concerto de Louband Street.
Por último, o domingo 27 de agosto ás 14.00 horas terá lugar a Festa da Empanada e ás 18.00 horas será a actuación infantil de Pablísimo.