A nova Banda de Música da Comarca de Sarria interpretará o Concerto de Santa Icía esta tarde
A nova Banda de música de Sarria organiza o vindeiro sábado, 18 de novembro, ás 20.00 horas o primeiro concerto para presentarse a través da representación do Concerto de Santa Icía, nun acto presentado polo historiador Arlindo e no que se falará sobre a Antoloxía do Pasodobre e a Música Galega.
O Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria é o lugar elixido para acoller esta iniciativa, que non terá entrada, polo que os veciños e veciñas interesadas poderán acudir ata completar aforo.
Así, os promotores desta nova entidade social invitan a participar a todas as persoas da comarca de Sarria a acompañalos “nos primeiros pasos da que, sen dúbida, vai a ser a súa banda”, sosteñen desde a entidade.
Involucrar á comunidade
Por outra parte, nun afán dinamizador socio-cultural, desde a entidade din buscar involucrar á comunidade e fomentar a súa identificación coa BMCS.
“Pretendemos que o cancelo #atuabanda nos defina e sexa unha realidade palpable coa que se identifique toda a sociedade da comarca”, explican.
Ademais, anuncian que abrirán un proceso de captación de persoas asociadas e patrocinadores para axudar tanto a organizar como a financiar as distintas iniciativas culturais e musicais.