A nova tempada CB Sarria 2022-2023 xa está en marcha
O equipo de baloncesto CB Sarria xa ten todo preparado para coller con forza esta nova tempada.
Baixo unha nova directiva da man da presidenta María Jesús Arias, primeira muller da historia do club encargada de ocupar este posto, véñense de publicar os horarios nos que os xogadores de tódalas categorías poderán ser adestrados no Pavillón Municipal.
A categorías de infantís, mini, cadetes, junior e senior distribuiranse nun total de 11 grupos e tamén haberá espazo para os adestramentos que realice a escola deportiva municipal.
O grupo de premini mixto fará uso do pavillón municipal os luns, mércores e venres de 16.00 a 17.15 horas, os de preinfantil feminino os martes e mércores de 18.30 a 19.45 e os xoves de 17.15 a 18.30 horas, e os que pertenzan ao grupo de infantil masculino poderán facer uso del os luns e mércores de 17.15 a 18.30 e xoves a partir das 16.00 horas.
Por outra banda, o grupo mini feminino realizará os adestramentos os luns de 18.30 a 19.45 e os martes e xoves de 16.00 a 17.15 horas e os de mini masculino, os luns e xoves de 18.30 a 19.45 horas e os venres de 17.15 a 18.30 horas.
Os adestramentos dos cadetes no grupo feminino terán lugar os luns de 19.45 a 21.00 horas e os mércores e venres de 18.30 a 19.45 horas e os do grupo masculino usarán o pavillón luns e mércores en horario de 19.45 a 21.00 horas e logo haberá dous grupos: o primeiro deles poderá realizar adestramentos o xoves pola maña en horario de 16.00 a 17.15 horas e o segundo, en horario de 19.45 a 21.00 horas.
Con respecto ás categorías de Junior feminino e masculino, a quenda das rapazas será luns e xoves de 21.00 a 22.30 horas e os martes de 19.45 a 21.00 horas e os rapaces os martes de 21.00 a 22.30 horas e os mércores e xoves de 19.45 a 21.00 horas.
O grupo Senior feminino realizará os adestramentos os luns e venres de 21.00 a 22.30 horas e o de Senior masculino, os martes e mércores de 21.00 a 22.30 horas e os venres de 19.45 a 21.00 horas.
E por último os martes de 17.15 a 18.30 horas, será a quenda da escola deportiva municipal.
Para ampliar información ou solucionar calquera dúbida, pódese chamar ou enviar unha mensaxe ao teléfono 650 191 777 ou contactar mediante correo electrónico ao enderezo cbsarria@cbsarria.com