A obra 'A cabeza a paxaros' será representada esta tarde na Casa da Cultura de Sarria

SarriaXa
A Casa da Cultura de Sarria acolle outra actividade máis no marco da II Mostra de Teatro Iván Tourón Morais esta tarde a partir das 17.
Casa da Cultura Sarria
6 Out 2023

A Casa da Cultura de Sarria acolle outra actividade máis no marco da II Mostra de Teatro Iván Tourón Morais esta tarde a partir das 17.30 horas, que consiste na representación teatral da obra 'A cabeza a paxaros'.

Esta iniciativa, que virá da man de Charo Pita, está dedicada a público infantil co fin de que os máis pequenos e pequenas da vila desfruten dunha tarde entretida e da cultura do teatro.

Esta é unha das últimas actuacións da II Mostra de Teatro Iván Tourón Morais, que incluíu obras para público infantil pero tamén adulto durante varias datas neste mes de setembro e outubro. A última será o domingo, 8 de outubro, da man do Grupo de Teatro do hospital de Lugo, que representará 'Asasinato na tenda de roupa'.

frei luis de granada teatro
0.17162108421326