A obra 'Cita previa' representarase na parroquia de Louseiro de Sarria

SarriaXa
O grupo teatral Rebuldeira Teatro de Sarria representará a súa obra ‘Cita previa’ para público adulto, na parroquia de Louseiro de Sarria e a partir das 20.
rebuldeira sarria5
7 Out 2023

O grupo teatral Rebuldeira Teatro de Sarria representará a súa obra ‘Cita previa’ para público adulto, na parroquia de Louseiro de Sarria e a partir das 20.30 horas.

Neste evento reproduciranse diferentes momentos e historias “disparatadas” nas consultas médicas nunha obra cómica con situacións que os máis pequenos non poderán entender.

O director da obra é Carlos Rebolo e con el o equipo de teatreiros farán dunha tarde de sábado un momento de diversión e compañía nun acto completamente gratuíto.

Cita previa Rebuldeira Teatro
0.047938108444214