A obra 'Saaabor' chegará ao Concello de Paradela o vindeiro 19 de xullo

A piscina municipal de Paradela será o escenario dunha actuación que se desenvolverá o vindeiro venres, 19 de xullo, a partir das 18.00 horas.
Desta maneira, Félix Rodríguez y a Fran Rei achegaranse ao municipio paradelense para representar a obra de teatro ‘Saaabor’ destinada a público familiar e que está enmarcada nas actividades de ‘Cultura no Camiño 2024’ da Xunta de Galicia.
¡Saaabor’ é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e a participación do público, co mundo da gastronomía de fondo, polo que os actores será reconocidos chefs que ofrecerán pratos para todos os gustos.