A obra 'Samos' de Leopoldo Nóvoa xa forma parte da colección de arte galego do Museo Provincial

LugoXa | SarriaXa
A obra do artista lugués Leopoldo Nóvoa 'Samos' xa forma parte da colección de arte galega do Museo Provincial de Lugo, un cadro que ten como elemento central unha lasca de pizarra recollida polo pintor na vila de Samos, doada ao museo pola viúva do pintor, Susana Carlson.
Obra Samos Museo Provincial de Lugo
23 Jan 2024

A obra do artista lugués Leopoldo Nóvoa 'Samos' xa forma parte da colección de arte galega do Museo Provincial de Lugo, un cadro que ten como elemento central unha lasca de pizarra recollida polo pintor na vila de Samos, doada ao museo pola viúva do pintor, Susana Carlson.

Esta será a primeira obra de Leopoldo Nóvoa coa que conte o Museo Provincial de Lugo na súa colección permanente, ampliando os fondos de artistas galegos contemporáneos do centro provincial.

A deputada de Cultura Iria Castro e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro ao recibiren a doazón, da man de Rosario Sarmiento, comisaria da exposición “Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”, que pode verse na Sala de Exposicións Temporais ata o 4 de febreiro.

'Samos’

O título da obra alude ao elemento central da mesma, unha lasca de pizarra da que parte o discurso da obra, e que representa o que foi a plástica de Leopoldo Nóvoa, un dos artistas incuestionables da pintura abstracta contemporánea tanto de dentro como de fóra de Galicia.

Foi realizada en Armenteira, en Pontevedra, na casa-taller na que Leopoldo Nóvoa pasaba largas tempadas estivais, e que constituía un dos seus espazos de creación máis importantes. Un lugar de gran sobriedade, beleza e recollemento no que Nóvoa levaba as súas obras. En ‘Samos’ está presente, nese sentido, o valor da sobriedade no discurso plástico de Leopoldo.

É unha obra na que predominan os negros o grises, rotos por unha banda de cor avermellado que atraviesa a súa superficie lateralmente. Tamén é unha pintura austera, creada a partir dos xogos da materia, do espazo e a luz, elementos que sempre utilizou Nóvoa para articular as súas obras, logrando a beleza máis complexa, aquela que se consegue co máis simple.

0.13229203224182