A oficina agraria comarcal de Sarria está en obras dende principios desta semana

SarriaXa
La oficina agraria comarcal de Sarria está en obras para su mejora. Con el fin de garantizar el servicio la zona cuenta con la unidad móvil.
Oficina Agraria Mobil Sarria I
25 Nov 2021

A Consellería do Medio Rural iniciou esta semana obras de mellora na Oficina Agraria Comarcal de Sarria, nas que inviste 48.400 euros para actuar principalmente na fachada e na planta baixa, onde está a zona de atención ao público.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, visitou hoxe a Oficina Agraria Móbil que está instalada estes días no campo da feira, para garantir o funcionamento do servizo mentres duren as reformas.

Os traballos, que comezaron a principios desta semana, favorecerán a accesibilidade mediante a ampliación da rampla de entrada para adecuala á normativa actual e inclúen a instalación de portas de apertura automática.

Co fin de mellorar a eficiencia enerxética actuarase na envolvente térmica; substituiranse carpinterías exteriores e dotarase a planta baixa dun sistema de ventilación. Tamén se reforzará a instalación eléctrica, entre outros traballos.

O proxecto enmárcase no Plan integral de reestruturación e optimización das Oficinas Agrarias Comarcais (OAC) iniciado pola Xunta, que inclúe tanto actuacións de optimización de tipo organizativo e funcional como de mellora das infraestruturas.

Oficina Agraria Móbil

Na Oficina Agraria Móbil pódense facer xestións que se desenvolven habitualmente en calquera oficina agraria comarcal, como trámites relacionados co servizo veterinario ou xestión de axudas.

A Xunta puxo en marcha esta unidade como un elemento máis da rede de oficinas agrarias espalladas por todo o territorio galego, polo que todas as instalacións físicas actuais permanecerán abertas. O novo dispositivo servirá para cubrir as necesidades xurdidas naqueles emprazamentos onde por mor das obras non se poida acceder ás oficinas agrarias comarcais físicas, a maiores do seu cometido principal de desprazarse aos lugares onde non existen este tipo de instalacións.

0.15283298492432