A oficina de turismo de Sarria acolle a exposición ‘Castelao grafista’ ata o 4 de outubro

SarriaXa
A mostra enmárcase no Ano Castelao 2025 polo 75 aniversario do pasamento do artista e político rianxeiro
exposicion-Castelao
4 Sep 2025

Desde o venres 5 de setembro e ata o sábado 4 de outubro, a Oficina Municipal de Turismo de Sarria exhibe a exposición Castelao grafista (facsímile), unha selección de traballos do polifacético creador Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A mostra, instalada no edificio da antiga Prisión Provisional, permite achegarse ao extenso legado gráfico do rianxeiro, figura fundamental da cultura e da política galega.

A iniciativa forma parte do programa do Ano Castelao 2025, co que se conmemora o 75 aniversario do falecemento do caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico e político que marcou un fito na historia de Galicia.

A exposición pode visitarse en horario de luns a sábado, de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas, converténdose nunha oportunidade para descubrir ou redescubrir a vertente gráfica dun dos nomes máis destacados da identidade galega.

⚙ Configurar cookies
0.085568904876709