A Oficina Móbil do programa Acelera Peme estará no Incio o vindeiro 21 de maio

SarriaXa
As persoas que sexan autónomas ou propietarias dunha Peme e que precisen impulsar a dixitalización do negocio, poderán achegarse á Oficina Móbil Acelera Peme
casa-do-concello-de-O-Incio
14 Maio 2024

O vindeiro día 21 de maio O Incio acollerá a Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, que estará na Praza do Concello ás 10.30 horas.

Así, as persoas que sexan autónomas ou propietarias dunha Peme e que precisen impulsar a dixitalización do negocio, poderán achegarse á Oficina Móbil Acelera Peme, onde atoparán asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas para unha consulta individualizada.

Os servizos que ofrecen son gratuítos e consisten en servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa; apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

0.12251687049866