A Oficina Municipal de Turismo de Sarria acollerá unha exposición sobre bosques a partir de setembro
SarriaXa
A exposición 'Berces de vida.
22 Ago 2023
A exposición 'Berces de vida. De paseo polos bosques de España' organizada por Afundación, Obra Social de ABANCA, estará na Oficina Municipal de Turismo de Sarria (Antiga Prisión Preventiva) entre os días 6 de setembro e 6 de outubro.
Esta mostra está comisariada por Joaquín Araújo, dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente, e parte da iniciativa “Cultura por alimentos”.
A exposición convida a pasear polos bosques de España, ao tempo que pon en valor a súa beleza e a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura.
Así, poderase visitar de luns a venres en horario de 9.15 a 14.00 horas de forma gratuíta e os visitantes están convidados a doar alimentos cando a visiten.