A oitava edición do Black Friday da ACES de Sarria premiou a Pilar Macía

SarriaXa
Pilar Macía López foi a premiada na oitava edición do “Black Friday” do Centro Comercial Urbano de Sarria-ACES de Sarria que tivo lugar durante o pasado venres e sábado, días 24 e 25 de novembro.
Gañadora ACES sorteo Black Friday
Gañadora ACES sorteo Black Friday
29 Nov 2023

Pilar Macía López foi a premiada na oitava edición do “Black Friday” do Centro Comercial Urbano de Sarria-ACES de Sarria que tivo lugar durante o pasado venres e sábado, días 24 e 25 de novembro.

Así, por unha compra en Joyería Díaz, levou o premio dun vale de 200 euros para gastar nos comercios asociados á ACES, a través do rexistro dos seus tickets de compra.

Un total de 26 establecementos participaron nesta edición organizada dende a Aces-CCU, comercios que pertencen a moi diferentes sectores: textil, complementos, agasallo, calzado, decoración, iluminación, etc… na búsqueda de promocionar ás vendas dos artigos de tempada.

0.17144989967346