A ONG sarriá Hospitaleros Sin Fronteras está a construír un centro integral solidario en Senegal

SarriaXa
Un grupo de voluntarios da ONG Hospitaleros Sin Fronteras de Sarria acaba de volver de traballar en Senegal nun centro integral solidario para nenos e nenas talibés.
voluntarios Senegal Hospitaleros sin Fronteras equipo
31 Xan 2024

Un grupo de voluntarios da ONG Hospitaleros Sin Fronteras de Sarria acaba de volver de traballar en Senegal nun centro integral solidario para nenos e nenas talibés.

As instalacións atópanse en Malicounda, nun lugar que mercaron desde a ONG co fin de promover este proxecto, que dispondrá de consulta médica, aulas para dar clase aos nenos e nenas de diferentes oficios; así como tamén terá cociña, almacén e camas para acoller aos voluntarios da ONG.

Ademais deste grupo, saíu cara a Senegal outro diferente o día 6 e o terceiro irá o día 2 de febreiro e volverán o 9 de febreiro, formados os tres maioritariamente por sarriaos, pero tamén por persoas de Murcia, Zaragoza e Burgos.

No caso do segundo grupo que se atopa agora mesmo en Malicounda, estes xa conseguiron instalar a luz, colocar as placas soares donadas por un colaborador e a plaqueta do chan.

A intención con estas actuacións por parte dos tres grupos de voluntarios é conseguir poñer en marcha estas instalacións o ano que vén co fin de mellorar así a vida dos menores que viven en daaras e que mendigan polas rúas.

0.19620895385742