A oposición do Páramo pide que se faga un plan de mellora das estradas no municipio
SarriaXa
Gumersindo Rodríguez, portavoz de Galicia Sempre no Páramo, vén de demandar ao goberno local do Páramo que realice un plan de mellora das estradas do municipio, xa que teñen “moitos buracos”.
1 Sep 2023
Gumersindo Rodríguez, portavoz de Galicia Sempre no Páramo, vén de demandar ao goberno local do Páramo que realice un plan de mellora das estradas do municipio, xa que teñen “moitos buracos”.
O camino de Teixeiro, en Friolfe, o de Teixoeira, en Piñeiro, varios de San Mamede da Ribeira; son algún exemplos das estradas que o portavoz de Galicia Sempre considera que están en mal estado e deben arranxarse coa implicación do goberno local.
Por outra banda, tamén fixo fincapé no feito de que hai que limpar as cunetas para protexer os firmes e o asfaltado do camino de San Pedro en Friolfe, xa que é unha costa de 300 metros pola que baixa a auga cara a outra estrada.