A Panorama estará nas grandes festas da parroquia de Ronfe, en Láncara

A parroquia de Ronfe, no Concello de Láncara, celebrará as súas tradicionais Festas na honra a San Pedro durante os días 28, 29 e 30 de xuño de 2025. O evento contará cun campo cuberto con carpa para garantir a diversión sen importar o tempo.
As celebracións comezarán o sábado 28 cunha gran churrascada veciñal e a actuación do DJ Min, nunha xornada pensada para o encontro e o desfrute colectivo.
O domingo 29 terá lugar a misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha procesión e sesión vermú. Pola tarde, continuará a festa coa actuación da recoñecida Orquestra Alabama.
O luns 30, día grande da festividade, repetirase a misa solemne ás 13:00 horas con sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave. Pola noite, a verbena estará animada por Punto Clave e a espectacular Orquestra Panorama, un dos pratos fortes da programación.