A paradelense Estefanía Paradullés presenta o seu novo libro no colexio San Miguel de Paradela

SarriaXa
Este venres, 3 de novembro, a paradelense Estefanía Padullés presentará a súa obra ‘A pantasma do castelo’ no colexio San Miguel de Paradela a partir das 12.
Estefanía Padulles Paradela
1 Nov 2023

Este venres, 3 de novembro, a paradelense Estefanía Padullés presentará a súa obra ‘A pantasma do castelo’ no colexio San Miguel de Paradela a partir das 12.00 horas.

Na presentación da obra, a autora realizará un pequeno resumo sobre o libro, que está ambientado no Castelo de San Antón da Coruña, no que hai unha pantasma coa que os nenos de Paradela vivirán diversas aventuras da man dun libro moi colorido co que poderán aprender a historia de Galicia “sen ten que chapar”, explica Padullés.

“Aínda que está pensado para Samaín, o libro non dá medo, é unha forma interesante  de aprender a historia de Galicia”, defendeu a autora.

Esta obra, escrita e ilustrada pola propia autora, será agasallada a cada un dos 52 nenos e nenas que forman parte do centro educativo grazas á iniciativa do Concello de Paradela.

A autora

Estefanía Padullés é unha catalana que leva afincada 11 anos en Paradela, despois de deixar o seu traballo de bióloga para dedicarse á escritura e á ilustración. Así, comezou a escribir libros para nenos e nenas e a estar en contacto co colexio e co Concello de Paradela, co que ten moi boa relación.

“Co primeiro libro que escribín xa me trataron moi ben no colexio e no Concello, polo que sempre contan comigo para presentar todo o que escribo”. Durante as presentacións, mostra un conto debuxado, o que destaca que para ela é “algo moi bonito que me relaciona cos nenos e ademais moi entrañable”.

A pantasma do castelo Paradela
0.19303703308105