A paradelense Sonia Arias presenta 'Los zapatos del lobo' en Lugo este venres
SarriaXa
O acto, aberto e de balde, acollerá a todas as persoas interesadas a partir das 19.30 horas
28 May 2024
A escritora de Paradela, Sonia Arias, presenta o seu libro 'Los zapatos del lobo' este venres, 31 de maio ás 19.30 horas, na Librería Trama da capital da provincia de Lugo.
A autora presentará un acto aberto e de balde para que todas as persoas interesadas en coñecer á autora e a súa obra, poidan facelo, achegándose ao local da librería, que se atopa na Avenida da Coruña.
O libro, que trata sobre temas sociais, fixo unha análise sobre a violencia de xénero, o suicidio, o acoso escolar e máis temas duros, pero tamén ten puntos de humor, xa que quere “rebaixar o nivel de crispación que hai na sociedade” con humor, pero tocando todos os temas.