A paramense Pura López presenta o seu novo libro este venres no Páramo

SarriaXa
A obra que presentará será ‘La niña que quería ser pájaro’, que fala da forza de vontade coa que loitou toda a súa vida para conseguilo
Pura-López
21 Ago 2024

Este venres, 23 de agosto, a planta baixa da casa do Concello do Páramo acollerá a presentación do libro de Pura López, que é da parroquia de San Martiño do Páramo, a partir das 17.00 horas.

A obra que presentará será ‘La niña que quería ser pájaro’, que fala da forza de vontade coa que loitou toda a súa vida para conseguilo. Así, a novela está orientada a todos aqueles públicos que non desfallecen ante as dificultades.

Publicada en Círculo Rojo, Grupo Editorial, o lector vai atopar, segundo as palabras da propia autora, “aquelas vivencias, aquela incomprensión deses tempos difíciles nos que todo estaba predeterminado e non había cabida para as inquietudes nin a expresión dos sentimentos, os da postguerra”.

0.18304300308228