A París de Noia porá punto e final ás festas de Castro de Rei de Lemos de Paradela

SarriaXa
A festa comezará este sábado, 5 de outubro, e acollerá actividades para a veciñanza e persoas que se acheguen ata o luns 7, cando terá lugar a actuación da gran orquestra
Festas-Castro-de-Rei-de-Lemos
4 Out 2024

A parroquia de Castro de Rei de Lemos celebra as súas festas na honra á virxe do Rosario esta fin de semana e ata o luns 7 de outubro.

Desta maneira, todo comezará o sábado 5 coa verbena nocturna da man da orquestra Eclipse e Época, que amenizará a primeira xornada das festas, na que están convidados todos os veciños e veciñas.

Pola súa parte, o domingo 6 ás 13.00 horas comezará a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Trebol. Xa pola noite seguirá a festa da man da orquestra Trebol e Capitol.

Finalmente, o día 7 tamén haberá misa ás 13.00 horas, procesión e sesión vermú, neste caso amenizada pola charanga Os Celtas. Xa pola noite terá lugar a gran actuación das orquestras Satélites e París de Noia, así como terá lugar a gran tirada de fogos de artificio.

0.16729092597961