A parroquia da Cervela, no Incio, celebra as súas festas na honra a Santa Lucía

SarriaXa
O día 24 haberá unha gran pancetada e queimada popular que virá seguida da verbena amenizada polo Dúo Sonidos
Festas-na-Cervela,-O-Incio
22 Ago 2024

A parroquia da Cervela, no Incio, celebra as súas festas na honra a Santa Lucía os vindeiros día 24, 25 e 26 de agosto con diversas actividades.

O día 24 haberá unha gran pancetada e queimada popular que virá seguida da verbena amenizada polo Dúo Sonidos, co que os veciños e veciñas poderán desfrutar da música.

Pola súa parte, o domingo 25 comezará a festa ás 13.30 horas coa misa maior, seguida da procesión con danzas tradicionais e a actuación dun grupo rexional. Logo, será a sesión vermú, amenizada pola Orquestra Compostela, que tamén actuará na festa e verbena da tarde noite.

Finalmente, o día 26, luns, volverá haber misa ás 13.30 horas seguida de procesión con danzas tradicionais e actuación dun grupo rexional. Despois, terá lugar a sesión vermú, neste caso amenizada pola Orquestra Acordes, que volverá a ser a protagonista na festa e verbena.

0.16936588287354