A parroquia de Formigueiros celebra as súas festas na honra a Santiago Apóstolo o 25 de xullo
SarriaXa
Haberá misa solemne, procesión, sesión vermú e verbena co dúo Begoña Mazaira e Rubén de Prado

15 Jul 2025
A parroquia de Formigueiros, pertencente ao Concello de Samos, celebrará o vindeiro 25 de xullo de 2025 as súas tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo.
A xornada festiva comezará ás 13:15 horas cunha misa solemne, seguida da correspondente procesión e dunha animada sesión vermú, que estará amenizada polo dúo Begoña Mazaira e Rubén de Prado.
Xa pola noite, a partir das 23:00 horas, terá lugar a verbena, tamén a cargo do mesmo dúo, que promete ofrecer unha actuación chea de ritmo e diversión para todos os asistentes.