A parroquia de Ponte de Lóuzara, no Concello de Samos, celebra en xuño as súas festas

SarriaXa
Esta gran festa estará amenizada polo Dúo Stylo e por José Manuel, exintegrante do coñecido grupo Abanico
festas-fogos-artificiais-celebracion
8 Apr 2025

A parroquia de Ponte de Lóuzara, no Concello de Samos, celebrará o vindeiro 21 de xuño de 2025 as tradicionais festas na honra a San Xoán cun completo programa de actividades relixiosas e musicais.

Os festexos comezarán ás 13.30 horas coa misa maior e a posterior procesión. A continuación, terá lugar a sesión vermú amenizada por unha charanga, creando o ambiente perfecto para gozar da compañía veciñal e do bo humor.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, a música volverá soar coa sesión de tarde a cargo da Asociación Musical Caurelóuzara, que tamén participará na verbena nocturna.

Esta gran festa estará amenizada polo Dúo Stylo e por José Manuel, exintegrante do coñecido grupo Abanico, prometendo unha noite de festa e baile para todos os públicos.

⚙ Configurar cookies
0.12335419654846