A parroquia de Saa, no Páramo, celebra a súa V Xuntanza parroquial o vindeiro 1 de xuño
O vindeiro sábado, 1 de xuño, celébrase a V Xuntanza parroquial da parroquia de Saa, no Páramo, que comezará ás 12.30 horas coa misa polos defuntos da parroquia na igrexa. Despois, nas escolas da Cova actuará un grupo de música tradicional subvencionado polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo.
Xa ás 15.00 horas terá lugar o xantar que incluirá langostinos, polbo con cachelos, xarrete guisado con patacas, tarta de crema e chocolate, pan, bebidas, café e chupitos cun custo de 40 euros por persoa.
Pola tarde a festa continuará coa actuación do Dúo Tropical e á noite haberá unha cea popular con todas as persoas participantes, que incluirá churrasco mixto con chourizo, larpeira, pan, bebidas e café. A festa rematará coa actuación de Ángel Habana.