A parroquia de San Salvador de Toldaos de Triacastela celebra as súas festas a finais de maio
SarriaXa
Terán lugar, concretamente, o 31 de maio e o 1 de xuño
17 May 2024
Os vindeiros 31 de maio e 1 de xuño celébrase en San Salvador de Toldaos de Triacastela as festas na honra o Corpus Christi, con actividades musicais, relixiosas e gastronómicas.
Así, o venres 31 terá lugar unha gran pancetada ás 21.30 horas e despois chegará a verbena da man do Dúo Explosión, que amenizará a noite e os bailes dos veciños e veciñas.
Pola súa parte, o 1 de xuño comezará coa misa solemne ás 13.30 horas, seguida da sesión vermú co grupo JB Son, que tamén actuará pola tarde e a noite, xunto do Dúo Estrellas.