A parroquia de San Salvador de Toldaos de Triacastela celebra as súas festas

SarriaXa
A parroquia de San Salvador de Toldaos de Triacastela celebra as súas festas esta fin de semana que vén o 9 e 10
triacastela
5 Xuño 2023

Os vindeiros 9 e 10 de xuño celebraranse en Triacastela as festas da parroquia San Salvador de Toldaos na honra do Corpus Christi.

O día 9, venres, terá lugar unha xornada de verbena da man do Dúo Charada e do Dúo Tropical, dúas actuacións musicais acompañadas en pancetada e chourizos a partir 22.00 horas.

Pola súa parte, o sábado día 10 será o día grande, que comezará coa misa solemne ás 13.00 horas, a procesión e a sesión vermouth co grupo Madastur. Xa pola noite, será a quenda da festa verbena amenizada co Dúo Imagine.

San salvador de toldaos Triacastela
0.076379060745239