A parroquia sarriá de Louseiro tamén festexa o Entroido
A Asociación Cultural Os Gorriós de Louseiro celebra a súa festa de Entroido o vindeiro luns, 12 de xaneiro, a partir das 18.00 horas con diversas actividades.
Así, terá lugar un baile infantil que contará con agasallos para todos os participantes e haberá tamén comida para picar durante a tarde, tanto para os nenos como para as súas familias.
Por outra parte, pola noite, a partir das 23.00 horas terá lugar o Entroido tradicional na escola de louseiro, ao que poderán acudir disfrazados todos os que queiran, puidendo desfrutar da música do solista Jose Manuel, da Orquestra Abanico.