A partir do xoves impartirase Ciclo Indoor no Centro Deportivo de Sarria
SarriaXa
A partir do xoves impartirase a primeira clase de Ciclo Indoor no Centro Deportivo de Sarria con motivo do Entroido
15 Feb 2023
O Centro Deportivo Salud Sala Fitness de Sarria organiza a partir deste xoves, 16 de febreiro, unhas novas actividades con motivo do Entroido.
Serán unhas clases de Ciclo Indoor no centro deportivo que consiste nun exercicio aeróbico enriba dunha bicicleta na que hai que pedalear ao ritmo da música.
O horario desta actividade será os luns ás 19.15 horas, os martes ás 10.45 horas e os xoves ás 20.30 horas.
Para participar dela, haberá que reservar a bicicleta na recepción do centro media hora antes da actividade.