A pasarela do Mazadoiro de Sarria aínda non está instalada
Sarria continúa sen a pasarela do Mazadoiro, que estaba previsto que fora instalada este verán polos técnicos de Renfe despois de Adif comezara a escavación para instalar a estrutura e contando cun prazo de execución de seis meses.
Porén, os veciños e veciñas do barrio de detrás da estación de tren de Sarria seguen sen poder pasar ao outro lado da vila, xa que os operarios fixeron os traballos de cimentación, pero aínda estase a instalar a pasarela.
A petición dunha pasarela por parte dos veciños non é unha cousa actual, xa que levan desde o ano 1992 esixindo esta construción cando se levou por primeira vez a un pleno do Concello de Sarria. Así, o ano pasado Adif aprobou a adxudicación das obras para construír a pasarela, pero vai con retraso.
Cando estea terminada, esta ponte peonil de 22 metros de lonxitude e será unha estrutura metálica que pasará por riba das vías do tren. Ademais, estará asentada sobre muras de formigón e incluirá ramplas e unha escaleira e, á súa vez, suporá a demolición do muro e do valado existente para permitir a construción de accesos al paso peonil desde a vía pública.