A película ‘Emoción, vida e teatro. A nave das Marías’ será proxectada na Sociedad La Unión
Como parte do ciclo de cine dos Mestre Mateo, este sábado, 12 de outubro, terá lugar a proxección da película ‘Emoción, vida e teatro. A nave das Marías’.
Dirixida por Saamira Ganay e Cris Andina, proxectarase na Sociedad La Unión ás 19.00 horas de maneira gratuíta para todas as persoas que queiran desfrutar dela.
Este documental fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social. As persoas implicadas no proceso de creación da peza teatral “A Nave das Marías” contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influiron nese momento das súas vidas, deixando testimonio de como o teatro pode ser unha ferramenta sorprendente e efectiva, porque pode cambiar ás persoas e pode cambiar as vidas.
A Nave das Marías foi unha peza teatral creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur para facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes impulsando procesos de sensibilización social en cuestión de xénero.