A piscina municipal de Samos abrirá este sábado tras traballos de renovación

O Concello de Samos anunciou que a piscina municipal abrirá as súas portas este sábado 28 de xuño. O horario de apertura será ininterrompido, de luns a domingo, entre as 12:00 e as 20:00 horas.
Para deixar as instalacións en perfecto estado de cara ao verán, desde o Obradoiro dual Os Soutos realizáronse labores de renovación no sistema de rego, o céspede e as varandas, co obxectivo de garantir que a zona da piscina estea a punto para o disfrute de veciños e visitantes.
Desde o Concello agradecen o traballo realizado polo alumnado-traballador do obradoiro, que permite poñer en valor espazos públicos e ofrecer un servizo de calidade tanto á veciñanza como ás persoas que se acheguen a Samos durante os meses de verán.