A pista de xeo de Sarria pecha o domingo e ata o ano que vén
O Concello de Sarria decidiu pechar a pista de xeo instalada na Praza da Vila de Sarria este domingo, 15 de xaneiro, despois de prolongar a súa estadía debido ao atraso na súa posta en marcha.
Grazas a isto, os sarriaos poderán desfrutar desta atracción un fin de semana máis, alargando así tamén o espírito de nadal que arrastramos desde decembro.
Co peche da pista de xeo de Sarria, dáse por finalizada a tempada de nadal. Pero mentres segue aberta estes dous días, hai que remarcar que o seu horario é de 11.00 e as 13.45 horas pola mañá e entre as 17.00 e as 21.15 horas da tarde.
Tamén cabe destacar que a entrada á pista realizarase a través dun ticket de compra en calquera establecemento de Sarria, promovendo así o comercio do municipio, o turismo e as actividades de Nadal.
As sesións na pista de xeo serán de trinta minutos e o concello recomenda presentarse 10 minutos antes do comezo da sesión para poñerse os patíns e prepararse.