A Plataforma de Afectados pola LAT en Sarria organiza unha charla informativa

SarriaXa
Terá lugar o vindeiro 1 de xullo na Sociedade Cultural La Unión
afectados-liña-alta-tensión-Sarria
28 Xuño 2024

A Plataforma de Afectados pola Liña de Alta Tensión 220 Marco-Belesar de Sarria  organiza unha charla informativa na Sociedade La Unión o vindeiro 1 de xullo.

A actividade, financiada pola Deputación de Lugo, enmárcase no Programa de Asesoramento a propietarios afectados e poboación xeral nos concellos rurais da Provincia de Lugo na implantación de parques eólicos.

A xornada comezará ás 21.30 horas e están convidados todos os propietarios afectados por dita liña de alta tensión.

0.16909098625183