A Plataforma Diversa Infantil de Sarria conmemora o Día Internacional das persoas con discapacidade
Con motivo do Día Internacional das persoas con discapacidade, que se celebra este martes, 3 de decembro, desde a Plataforma Diversa Infantil de Sarria participarán nas actividades 'Sementes de inclusión' que promoven dende o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Xograr Afonso Gómez en colaboración co CAPD de Sarria.
Así, ás 10.30 horas terá lugar a recepción e acollida, ás 11.00 horas será a visita guiada, ás 11.55 horas terá lugar a lectura do manifesto, ás 11.40 horas haberá unha actuación musical e despois pararase a almorzar para rematar coas actividades lúdico-deportivas que comezarán ás 12.20 horas.
Ademais, co gallo deste día, desde a Plataforma desenvolveron outras actividades, como o xogo de ciudades accesibles no colexio de Oural e no CEIP Samos, a presentación do libro ‘Pedro, o piloto de gaivotas’ na Escola Infantil Xela Arias e un contacontos no CEIP de Guitiriz.
Tamén, este día 3 farán un contacontos tamén no colexio de Oural, un contacontos na EEI de Verducedo, en Moaña; e do día 9 ao 13 de decembro levarán o xogo de ciudades accesibles ao CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.
Con todo, este será o segundo ano que se visibilice este día internacional por parte do Concello de Sarria cunha pancarta na Casa da Cultura.