A Plataforma Sarria Aire Limpo convoca unha asemblea aberta

SarriaXa
O obxectivo deste encontro é continuar informando sobre a situación en Oural e debater as accións necesarias para impedir actividades que poidan ameazar a saúde
Plataforma-Aire-Limpo-Sarria-na-Casa-da-Cultura
26 Mar 2025

A Plataforma Sarria Aire Limpo chama á cidadanía a participar nunha asemblea aberta o vindeiro xoves, 27 de marzo, ás 19.30 horas na Unión.

O obxectivo deste encontro é continuar informando sobre a situación en Oural e debater as accións necesarias para impedir actividades que poidan ameazar a saúde, o medio ambiente e o modo de vida da Comarca de Sarria.

"Consideramos que fronte aos problemas de todas/os, é necesaria a organización colectiva", manifestan desde a Plataforma, subliñando a importancia da implicación cidadá na defensa do territorio.

O pasado 14 de marzo, a Plataforma xa reuniu a un gran número de persoas na Casa da Cultura para expor os impactos que a actividade da fábrica de Oural ten sobre a Comarca. "Desde a Plataforma Sarria Aire Limpo, quixemos informar á xente, porque a xente debe saber", recalcan os organizadores, destacando a súa aposta pola transparencia e a mobilización social.

A asemblea do 27 de marzo busca dar continuidade a este labor de concienciación e organización, abrindo un espazo para a reflexión e a acción conxunta en defensa do medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.10512900352478