A Plataforma Sarriana polo Río vén de doar 20 sillóns á residencia de maiores

SarriaXa
Cun valor de 5.383,27 euros, as butacas foron doadas por veciños e veciñas anónimas e adquiridos nunha fábrica de tapizados de Sarria
novos-sillóns-residencia-de-Sarria-Plataforma-Sarriana-polo-Río
14 Nov 2024

A Plataforma Sarriana polo Río vén de doar 20 sillóns á residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria por valor de 5.383,27 euros que foron doados por veciños anónimos e adquiridos pola fábrica de tapizados de Sarria Tapisa.

A entidade promoveu esta iniciativa co obxectivo de cumprir co compromiso de abril/2014 e de 23/abril/2016 de devolver para fins sociais ou ONG´S os cartos doados hai 8 e 10 anos polos veciños, e simpatizantes de fóra, que participaron daquela no crowfounding ‘Móllate por quen se mollou’.

Naquel momento, serviron para pagar as “ilegais sancións económicas” impostas pola Subdelegación do Goberno de Lugo e que posteriormente foran anuladas e declaradas contrarias a dereito polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Lugo en diversas sentenzas de 23/nov/2016 e de de 26/xullo/18".

Así, desde a Plataforma Sarriana polo Río defenden que “somos un mero transmisor da xenerosidade da xente que cando lle tocou defendeu co seu patrimonio persoal, non só a 34 veciños expedientados e sancionados irregularmente, e a outros 10 denunciados no seu momento no eido penal; senón que eses doantes tamén estaban a defender a democracia, a liberdade e o medio natural e cultural do río Sarria”.

Así, conclúen que os seus cartos quedan agora “para que poidan descansar mellor os nosos maiores da residencia sarriá”.

0.17151403427124