A Pobra de San Xiao celebra o día 16 a súa III Ruta das tapas
A parroquia da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, celebra o vindeiro venres 16 de decembro a súa tradicional ruta das tapas.
Esta iniciativa que con este ano chega a súa terceira edición, celebrarase entre as 19.00 e as 00.00 horas e os establecementos participantes serán un total de sete.
O prezo das tapas que ofrezan os negocios que participan no concurso será de 1,50 euros e os clientes que se animen a participar, entrarán no sorteo de 7 baúis (un por cada local), unha cesta e un cheque por valor de 350euros.
Os establecementos participantes nesta terceira edición son: Convero, Refugio, Puchas, Mesón do Cosme, Xeitoso, Avenida, Mesón do Neira.
Esta iniciativa está organizada pola Hostalería de A Pobra de San Xiao en colaboración co Concello de Láncara.